OS NOSOS FINS
- Crear proxectos que permitan aos xóvenes músicos poñer en marcha as súas ideas no ámbito laboral.
- Fomentar a música, cultura e actividades creativas e innovadoras dentro e fora de Galicia.
- Elaborar, participar, colaborar ou fomentar diversas actividades culturais e musicais.
- Promover hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación.
- Procurar e fomentar a participación, a solidariedade e o traballo en equipo.
- Crear espazos para a comunicación e novas tecnoloxías.
- Colaborar estreitamente coas escolas de música, festivais, asociacións, concellos, e outros colectivos existentes para un fomento cultural.
- Conservar o ambiente e o patrimonio cultural e musical, así como a súa posta en valor.
- Participar e/ou organizar concertos, festivais, encontros e outras actividades culturais, sociais e educativas, organizadas polas diferentes institucións públicas e privadas.
- Dinamizar a lingua galega.
- Ofertar actividades de formación teórica e práctica dentro do campo musical e nun plano distinto do que poidan acceder mediante a matriculación na ensinanza regrada dun conservatorio.
- Impartir unha ensinanza musical non regrada, mediante a que poidan acceder a abundantes coñecementos sobre a linguaxe musical, a práctica instrumental e outras disciplinas artísticas.