Profesorado
Juan Cernadas
Profesor de dominio escénico, conxunto e afinación.
Nerea Rodríguez
Profesora de interpretación, conxunto e teatro.
Álvaro Carballo
Profesor de técnicas de estudo, harmonía, improvisación e afinación.
Alba Reirís
Profesora de medo escénico, coro, dominio escénico e auditiva.
cOMO CHEGAR?
En Autobús:
Pontevedra conta cunha estación de autobuses, situada na Rúa da Estación, 0, 36003.
En Tren:
Pontevedra conta cunha estación de tren, ao carón da de autobuses, situada na Rúa da Estación, 36003.
En coche:
Hai diferentes rutas a seguir para chegar cerca do conservatorio.
Toda a información
O Curso Musical Manuel Quiroga é unha actividade promovida pola Asociación Música Viva xunto co Concello de Pontevedra.
A súa intención é facer que os rapaces vexan a música dende unha perspectiva diferente, que non só a relacionen co conservatorio, que poidan recoller información de forma amena e facer novos compañeiros musicais cos cales poder compartir escenario. Para isto contamos con mestres e mestras con ampla experiencia nos seus respectivos ámbitos musicais.
Traballaránse todo tipo de áreas como a interpretación, conxunto instrumental, dominio escénico, improvisación, harmonía, entre outras. Todas elas adaptadas o nivel dos alumnos. Poden participar rapaces de calquer instrumento, cunha idade mínima de 8 anos en adelante.
Prazas esgotadas!
Ficha de inscripción