
Dúo Esjedon
Creouse en Outubro do 2017, a raíz da idea de crear e buscar unha nova sonoridade coa atípica formación do clarinete e do violonchelo. Estés xoves músicos xa comenzaron a facer música xuntos ao comezo do ano 2016 en formacións de cámara máis típicas, como trío con piano ou a intensa obra de Messiaen, Cuarteto para a fin dos Tempos, para violín, clarinete, piano e violonchelo. Será a partir do 2017 cando comecen a desligarse das convencionalidades na música de cámara e decidan crear o Dúo Esjedon, incorporando música dos seus orixes galegos e gregos, sendo a parte principal do seu repertorio.
Principalmente realizan concertos en diferentes auditorios, galerías de arte e festivais, como o recoñecido KlaraFestival en Bélxica. Un dúo internacional e diferente que leva a música galega por Europa gozando de moi boa acollida alí onde van.
9 e 12 de Xullo, Pontevedra

O Festival de Música de Cámara Cidade de pontevedra nace da necesidade dar a coñecer a diferentes músicos galegos que contan cunha proxeción internacional.
Cando creamos o proxecto do Curso Musical Manuel Quiroga, dímonos conta de que tiñamos moitos referentes cercanos no ámbito da música de cámara que facían concertos ó redor do mundo, pero que a pesar disto non o facían nas súas propias cidades.
A idea foi crear un festival que por unha parte servise coma referente a futuros profesionais da música en Galicia e por outra parte que servise para que esos músicos profesionais nos deleitasen co seu arte e preto do seu orixe.
GRUPOS CONVIDADOS

